Monday 13 de May de 2024

O Combo de Rock da Aula de Música de Oroso ofrecerá mañá venres o seu primeiro concerto


Os rapaces do Combo de Rock da Aula de Música de Oroso ofrecerán mañá vernes 5 de febreiro o seu primeiro concerto en solitario, logo de dúas primeiras actuacións ao longo do ano apaso. O concerto terá lugar no salón de actos do centro cultural de Sigüeiro a partir das 20:00 horas. A entrada é totalmente libre e de balde.

Os rapaces ofrecerán unha selección de temas de grandes bandas de rock como Green Day, Red Hot Chili Peppers, Los Ramones ou The Kinks, “amosando así a aproximación que dende a Aula de Música facemos aos estilos modernos, cubrindo así un amplo espectro das demandas musicais dos alumnos”, explica Juan Salgueiro, director da Aula de Música de Oroso. Así mesmo, dous dos profesores interpretarán a dúo un par de pezas para cubrir a ausencia do outro combo de rapaces, logo da lesión no brazo dun dos seus membros.